Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Acto institucional 8M

8/03/2021

O Concello de Tui  conmemora o O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, cun acto institucional no edificio dos antigos xulgados na praza da Inmaculada. 

O evento comezará coa proxección do audiovisual “Únete á R-Evolución nos coidados” que rende homenaxe ás mulleres que estiveron en primeira liña durante a pandemia,

A continuación seis mulleres darán lectura ao manifesto “O persoal é político” reivindicativo da axenda femininista en distintos ámbitos. 

A pedagoga Teresa Domínguez dará lectura a un poema da súa autoría para a ocasión, e as alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui, Dafne Piñeiro e Lourdes Quintela, porán a nota musical a este evento.

O acto pódese seguir en directo no seguinte enlace→ https://youtu.be/tIDFntgwaIE