Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Acto de inauguración da exposición "Iacobus Gallecia" da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo

29/09/2010

MAÑA XOVES INAUGÚARSE A EN TUI A EXPOSICIÓN “IACOBUS GALLECIA” DO XACOBEO

Mañá xoves, 30 de setembro, ás 13,00 horas terá lugar o acto de inauguración da exposicións organizada pola Sociedade Anônima de Xestión do Plan Xacobeo que baixo a denominación de “Iacobus Gallecia” ofrece unha escola de trece obras de autores galegos de singular proxección.

O público que visite ata o 30 de outubro a exposición Iacobus Gallaecia en Tui poderá contemplar un conxunto de obras que son un exemplo da vitalidade artística da Galicia de Santiago que, nos finais do século XX e inicios do XXI –formando parte da decoración orixinal do Pavillón de Galicia da Expo'92 de Sevilla, ou respondendo a encargos posteriores–, continúa a desenvolver a súa rica historia cultural, baseada na tradición e mais na innovación, nun fecundo caudal formado pola síntese creativa do propio e o alleo.

Na exposición, éste principio queda espresado a través da variedade estilística, formal e conceptual de artistas tan distintos como Darío Basso, Paco Pestana, Xosé Freixanes, Antón García Patiño, Alfonso Sucasas, Armando Martínez, Ignacio Basallo ou Antón Lamazares. Pezas conceptuais, abstractas e figurativas, estilizadas –Armando– ou amosando toda a súa fisicidade –Sucasas– ou o seu agudo primitivismo –García Patiño– que nalgúns casos afondan na iconografía tradicional, relixiosa e xacobea, e noutros son pura evocación poética –Basso, Lamazares, Pestana–, ben representativa dunha arte a cabalo entre dous séculos.

Esta mostra forma parte do 'Camiño Contemporáneo da programación do Xacobeo 2010', unha proposta que engloba unha serie de exposicións itinerantes coa vocación de dar a coñecer a obra de autores galegos actuais e de renome. O seu obxectivo é estender a programación cultural que se desenvolve en torno ao Ano Santo por diferentes puntos de Galicia.

Para o concelleiro de cultura tudense esta exposición resulta de grande interese pois en contadas oportunidades poderemos contemplar na nosa cidade unha escolma tan ampla e rica da arte galega contemporánea. Moisés Rodríguez Pérez agradece á Conselleria de Cultura e Turismo e á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo que teñan escollida a nosa cidade como lugar de clausura desta mostra itinerante, testemuñando, nunha nova oportunidade, a condición xacobea da nosa cidade porta de entrada en Galicia do camiño portugués a Compostela.