Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aclaración do Concello de Tui sobre o expediente do Centro de Saúde

4/06/2014

 

O Concello aclara que o expediente do Centro de Saúde de Tui non foi informado desfavorablemente, se non que só se solicitou a corrección de erros na presentación do mesmo

 

Mércores, 4 de xuño de 2014. En relación co comunicado de prensa emitido polo Grupo Municipal Socialista de Tui, o Grupo de Goberno quere poñer de manifesto as seguintes puntualizacións:

 

En primeiro lugar deixar claro que o informe emitido polo técnico municipal  de data de 21 de maio de 2014 referido o Proxecto de Construción do Novo Centro de Saúde de Tui, en ningún caso se trata de un informe desfavorable sobre o proxecto presentado polo SERGAS, tal como se afirma no comunicado do Grupo Socialista.

 

En segundo lugar expor que de conformidade co establecido no artigo 58.2 da lei 30/92 LRJAPAC (Ley de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común), o que se fai e solicitar  o SERGAS a subsanación de deficiencias na presentación do  devandito proxecto, para o que se outorga un prazo de dez días  para corrixir os erros atopados, exactamente igual que se faría con calquera outro expediente

 

O SERGAS terá dez días para achegar a información solicitada, e no momento que sexa presentada, o proxecto continuará o seu normal proceso no Concello de Tui

 

Desde o grupo de Goberno do Concello de Tui lamentan que nun asunto da tanta importancia para a cidadanía, se emitan comunicados de esta índole, facendo aseveracións que nada teñen que ver coa realidade, e solicitan dos grupos políticos o máximo rigor a hora de interpretar actos administrativos que están dentro da mais absoluta normalidade