Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Abren as piscinas municipais mantendo os prezos e ampliando horario

3/07/2014

Mércores, 2 de xullo. Están xa abertas as piscinas municipais de Tui que manteñen os seus prezo con respecto ao ano pasado e amplían o seu horario.

Os usuarios poderán disfrutar destas instalacións de luns a venres de 13 a 21h e os sábados, domingos e festivos de 12 a 21h. Tras as suxestións dirixidas ao Concello do servizo de 2013, este año ampliouse nunha hora a apertura diraia ata ás 21h, e as fins de semana abrirán as piscinas ás 12h.

Os prezos establecidos para este 2014, mantéñense iguais que o ano pasado, e son os seguintes:

  • - Entrada individual adulto - 2€
  • - Entrada individual infantil - 1,5€
  • - Bono 30 baños adulto - 40€
  • - Bono 30 baños infantil - 35€