Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Abre o prazo de solicitudes de axudas para rehabilitación de vivendas no conxunto histórico

10/09/2008

Publicado no Boletín Oficial da Provincia de hoxe mércores 10 de setembro de 2008

 

Anuncio de apertura do prazo de presentación de

solicitudes para a adxudicación de axuda para a

rehabilitación de edificios e vivendas no núcleo

histórico de Tui.

De conformidade co disposto na Ordenanza Reguladora

das axudas para a Rehabilitación do

Casco Histórico de Tui, publicada integramente no

B.O.P. nº 132, do 9/07/08, faise pública a apertura

do prazo de presentación de solicitudes para a adxudicación

das axudas para a rehabilitación de

edificios e vivendas do Casco Histórico de Tui.

As solicitudes presentaranse no Concello de Tui

nun prazo máximo de dous (2) meses a contar

dende o día seguinte á publicación no B.O.P. da

presente convocatoria.

Na Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico

do Concello de Tui están a disposición de tódolos

interesados a información sobre os requisitos necesarios

para solicitar ditas axudas (que se recollen

tamén na ordenanza), así como os impresos normalizados

para a presentación formal da solicitude.

En Tui, a 27 de agosto de 2008.—O Alcalde-Presidente,

Antonio F. Fernández Rocha.