Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Abre ao público a exposición "Representacións iconográficas nas igrexas medievais de Tui" - fotografias de Rachel

9/09/2008

ABRE AO PÚBLICO A EXPOSICIÓN “REPRESENTACIÓNS ICONOGRAFICAS NAS IGREXAS MEDIEVAIS DE TUI”

 

A Sala Municipal de Exposición do Concello de Tui acolle dende hoxe martes 9 e ata o 27 deste mes de setembro unha exposición que co título de “Representacións iconográficas nas igrexas medievais de Tui” reune una colección de 50 fotografias realizadas pola fotografa francesa afincada en Tui, Rachel.

A través do traballos fotográficos de Rachel podemos facer un percorrido polos traballos que os canteiros medievais fixeron nalguns dos templos medievais tudenses: A Catedral, San Domingos e San Bartolomeu. A mirada de Rachel pescudou nestas obras artísticas os seus aspectos máis orixinais captando coa súa cámara novas perspectivas destas representacións iconográficas.

A exposición está organizada pola asociación “Amigos da Catedral de Tui” que con esta mostra continúa o ser labor de difusión do conxunto catedralicio tudense, apostando por ofrecer a través desta mostra moitos lugares ata agora difícilmente coñecidos polos tudense, ben por estar en lugares de acceso restrinxido ou pola súa propia ubicación no templo que impide a su correcta visión.

Para o concelleiro de cultura tudense, Moisés Rodríguez Pérez, compre salientar nesta exposición que amáis de achegarnos as obras fotográficas de Rachel, de grande calidade, esta exposición posibilita que poidamos coñecer elementos do noso patrimonio que pola súa situación nos diversos edificios son descoñecidos ou pasan inadvertidos para moitos. Deste xeito esta exposición contribuie eficazmente ao coñecemento e posta en valor do noso patrimonio cultural.

Lembra Moisés Rodríguez que a pasada fin de semana foron unha visitas guiadas seguindo as pegadas dos xudeus tudenses, hoxe é esta exposición a que evidencia o traballo que dende o Concello de Tui facemos pola difusión e conservación do noso conxunto patrimonial.

A inauguración desta exposición terá lugar hoxe martes 9 de setembro ás 20,30 horas na Sala Municipal de Exposicións (Edificio Área Panorámica de Tui – rúa Colón, 2).