Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Abrapalabra Creación presenta este venres ás 21,30 h, no Teatro Municipal "Memoria das memorias dun neno labrego"

18/05/2011

Abrapalabra Creacións presenta “Memoria das memorias dun neno labrego”

A representación será ás 21.30h, no Teatro Municipal

Cándido Pazó é o responsable deste monólogo sobre a obra de Neira Vilas

 

Mércores, 18 de maio de 2011.  O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, 20 de maio, ás 21.30h o monólogo “Memoria das memorias dun neno labrego” posto en escena por Cándido Pazó nunha montaxe de Abrapalabra Creacións escénicas. Con esta obra péchase a programación do primeiro semestre do ano no Teatro Municipal de Tui.

 

“Memoria das memorias dun neno labrego” é unha homenaxe a obra homónima de Xosé Neira Vilas cando se cumpren 50 anos da súa primeira publicación.

 

Este é un espectáculo emotivo no que se combina a experiencia de Cándido Pazó coma autor, actor e director teatral coa súa longa traxectoria coma contador de historias e monologuista cómico. A obra conta amais cun gran atractivo visual, apoiado por un coidado traballo de videocreación que, combinado cun ambicioso deseño de iluminación, debuxa para o espectador unha suxestiva escenografía de emocións. A música que acompaña cada momento foi creada para a ocasión por Manuel Riveiro.

 

As entradas para esta representación están xa á venda ata o venres ás 13h na web www.culturatui.info ou o venres dende ás 20h pódense adquirir no despacho de billetes na Área Panorámica. As entradas teñen un prezo xeral de 5€, e 3€ para os que teñan dereito a algúns dos descontos establecidos como nenos, xubilados, estudantes, parados, familia numerosa, discapacitado ou posuidores do carné xove ou do carné máis.

 

Abrapalabra Creacións Escénicas con “Memoria das memorias dun neno labrego”

Data:  Venres, 20 de maio, ás 21.30h

Prezo das entradas: 5 – 3€

Venda de localidades: En www.culturatui.info ata o venres ás 13h e no despacho de billetes o venres dende ás 20h

Máis información en: www.culturatui.info