Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo para solicitar as bolsas de estudos para ensinanzas musicais en Tui

2/11/2023

O Concello de Tui continúa coa súa aposta, iniciada hai xa anos, de apoiar o acceso aos estudos de ensinanzas musicais, nos centros municipais, ao alumnado pertencente a familias cun baixo nivel de ingresos, facilitando así que poidan cursar estes estudos ben no Conservatorio Municipal ou na Escola de Música.

Os requisitos a cumprir son que a unidade familiar non supere 3 veces o IPREM, que o alumno ou alumna estea matriculada no Conservatorio Profesional ou na Escola de Música, e empadroada en Tui.

O texto íntegro das base está dispoñible no Taboleiro de Anuncios do Concello, na web tui.gal, e no taboleiro do Conservatorio. O prazo para presentar a solicitude, xunto á documentación requirida, é de 20 días hábiles contados dende o pasado martes, 31 de outubro.

O Concello de Tui destina a estas bolsas 5 mil euros.

Convocatoria e Bases Bolsas de Estudo para Ensinanzas Musicais 2022/23

Solicitude - Bolsas Estudos Musicais 2022-23

Declaración Responsable - Bolsas Estudos Musicais 2022-23

Conta Xustificativa - Bolsas Estudos Musicais 2022-23