Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ao Conservatorio Profesional de Música de Tui

7/05/2014

 

Mércores, 7 de maio  de 2014 .  O Conservatorio Profesional de Música de Tui ten aberto o prazo de inscrición, ata o 30 de maio,  para as Probas de Acceso ao 1º curso. Os interesados deberan cumprimentar o formulario de inscrición e entregalo novamente no centro en horario de tarde, de luns a venres de 16h a 20:30h, ademais dos martes pola mañá de 10h a 13h. Estas probas de acceso realizaranse na segunda quincena do mes de xuño.

 

Para este novo curso a dirección agarda manter o número de alumnos, que sumou un total de 81 o ano pasado, dos cales, máis de 10 conseguiron o título de Grao Profesional.