Abertas as inscricións da IV Eurocidade 10 que se celebrará o 14 de xuño
13/05/2015
O próximo 14 de xuño celebrarase a cuarta edición da Eurocidade 10, proba atlética de 10 quilómetros, que sairá e rematará nas murallas de Valença e que percorrerá as rúas de Tui e Valença, organizada pola Eurocidade Tui-Valença e o Club Atletismo Tui-Thermalia.
As inscricións xa se poden realizar a través da web championchipnorte.com, a un prezo de 3€.