Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberta a inscrición para os cursos de Instalación de Elementos de Carpintería e Venda de produtos e servizos turísticos

29/10/2022

Está previsto que comecen no mes de febreiro de 2023

Está aberto o prazo de inscrición para os dous cursos de formación de “Instalación de Elementos de Carpintería” e de “Venda de Produtos e Servizos Turísticos” que se van impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei.

Estas accións formativas foron concedidas pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade ao Concello de Tui. Estas actividades contribuirán á mellora da empregabilidade dunha trintena de persoas polo que dende o Concello de Tui se amosa o agradecemento á Xunta pola concesión da correspondente subvención para o seu desenvolvemento.

As persoas interesadas poden inscribirse presencialmente na Oficina de Emprego ou no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei, solicitando cita previa no 670 24 56 33. No momento da inscrición débese aportar a documentación requirida para cada curso. Terán preferencia as persoas en situación de desemprego. As persoas seleccionadas poderán solicitar bolsas e/ou axudas por asistencia.

O curso de “Instalación de Elementos de Carpintería” contará cun total de 578 horas lectiva. Celebrarase entre o 22 de febreiro e o 11 de agosto de 2023 en horario de 15.30 a 20.30 h.  O alumnado debe estar en posesión do título da ESO, certificado de profesionalidade de nivel 2; ou certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área; ou acreditar ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou maiores de 45 anos; ou acreditar ter as competencias clave de nivel 3.

Mentres o curso de “Venda de produtos e servizos turísticos” terá unha carga lectiva de 688 horas a impartir entre o 6 de febreiro e o 31 de agosto de 2023 en horario de 9 a 14 h.  Para realizalo as persoas interesadas deben estar en posesión do título de bacharelato ou Técnico de FP (grao medio); ou certificado de profesionalidade de nivel 3; ou certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área; ou acreditar ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou maiores de 45 anos; ou acreditar ter as competencias clave de nivel 2.

En ambos casos débese achegar tamén a tarxeta de emprego actualizada.