Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

ABERTA A INSCRICIÓN PARA CURSO “WEBS PARA MOBILES” NO MES DE OUTUBRO

30/09/2011

A Aula da Rede CeMit de Tui acollerá un curso no vindeiro mes de outubro, no marco do Programa de Formación Multimedia e Audiovisual da Rede CeMIT.

Título: CURSO DE CREACIÓN DE WEBS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES.

1ª quenda: Semana do 24 ao 27 de outubro

2ª quenda: Semana do 31 de outubro ao 3 de novembro

O obxectivo do curso é fornecer unha idea clara de como planificar o deseño dun sitio web orientado ás plataformas móbiles, falando das peculiaridades da web móbil fronte ao deseño web tradicional.

É preciso que os interesados/as neste curso teñan coñecementos de desenvolvemento de web tradicional con HTML e estilos, así como comprendan a diferenza entre contido e visualización e ter deseñado sen usar táboas

Inscrición aberta ata o 10 de outubro,  os interesados poden realizar a inscrición on-line a través da seguinte páxina web: http://www.cmg.xunta.es/of_cursosonline.php tamén poden solicitar máis información en: formacion-cemit@xunta.es ou no teléfono 902 222 321.

O modelo formativo deste curso baséase no concepto de blended learning, é dicir, combina actividades presenciais, síncronas e de e-learning. Así, durante os cinco días de duración do curso, emitirase un capítulo do video documental realizado para a ocasión cos contidos do curso, seguido dunha explicación e resolución de dúbidas (tutorización) polo técnico experto, utilizando a plataforma de teleformación.

Aquelas persoas que superen satisfactoriamente os contidos do curso, recibirán un diploma acreditativo expedido pola entidade organizadora.

Este curso ofértanse a toda a cidadanía e podese realizar na Aula da Rede CeMIT  a través do sistema de videoconferencia . O único requisito para o desenvolvemento desta actividade, é que cada aula CeMIt debe contar cun mínimo de cinco persoas. De non ser así, os cidadáns interesados nos cursos poderán asistir (de haber praza) á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima.

Esta Aula (antes chamada Telecentro) está ubicada no primeiro andar do Edificio Área Panorámica, no centro da nosa cidade.

 

Está tamén aberto o  prazo de inscrición

CURSO DE STREAMING DE AUDIO E VIDEO.

1ª quenda: Semana do 21 ao 24 de novembro

2ª quenda: Semana do 28 de novembro ao 1 de decembro

É preciso ter coñecementos de medios de informática e recoméndase ter usado ferramentas informáticas de edición de vídeo.

Inscrición aberta ata o 07 de novembro