Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberta até o día 10 a inscrición no curso de Operario/a de Loxística

4/11/2022

Até o próximo xoves, 10 de novembro, está aberto o prazo de inscrición para o curso de Operario/a de loxística de 75 horas lectivas que se vai impartir no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei. Constará de dous módulos.

O Módulo I de Xestión de Almacén e liña de produción celebrarase entre o luns 14 e o venres 25 de novembro en horario de 15 a 20 h. Mentres o Módulo II de Manexo de Carretillas Elevadoras terá lugar do luns 28 de novembro ao venres 2 de decembro en horario de 9 a 14 h. 

As persoas interesadas deben ter 18 anos ou máis, non ter ningunha condición física ou psíquica que impida o normal desenvolvemento da acción formativa nos dous módulos que a compoñen e estar empadroado/a no Concello de Tui. 

A solicitude de inscrición, xunto ao DNI polas dúas caras, e a tarxeta de demanda de emprego actualizada presentarase até o xoves 10 de novembro de 2022:

Actualización venres, 11 de novembro de 2022. Publicada a listaxe de persoas admitidas.