9ª Andaina Saudable Eurocidade – Trilho nocturno do Mosteiró Este sábado 13 de xullo ás 21.30 horas españolas
Mércores, 10 de xullo de 2013. Este sábado 13 de xullo terá lugar a novena andaina saudable da Eurocidade 2013, “Trilho nocturno do Mosteiró” en Valença, organizada pola Eurocidade Tui-Valença.
Este trillo terá o seu inicio ás 21.30 horas españolas, dende o punto de encontro na Igrexa Matriz de Cerdal (Valença), tendo un percorrido de 11,8 quilómetros, cunha duración aproximada de catro horas e media, sendo a dificultade fácil. Para todos aqueles que non coñezan o punto de encontro quedarase ás 21.15 horas españolas no parking do Lidl de Valença.
Dado que este trilho é nocturno, recoméndase a tódolos participantes levar unha lanterna ou frontal de luz.
Pódese seguir toda a información na páxina:
http://www.facebook.com/pages/Caminhadas-Saud%C3%A1veis-e-Andainas-Saudables/490178017705157
Puntos de encontro:
·
Ás 21.30 horas españolas na Igrexa Matriz de Gandra
·
Ás 21.15 horas españolas no parking do Lidl de Valença