Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

60 persoas usuarias da bolsa de emprego municipal incorporáronse no primeiro semestre de 2022 ao mercado laboral

8/07/2022

O Servizo Municipal de Orientación atendeu dende xaneiro a 100 persoas, xestionou 193  ofertas e contactou con 187 empresas

Un total de 60 persoas usuarias da bolsa de emprego municipal incorporáronse no primeiro semestre do ano ao mercado laboral.

O Servizo Municipal de Orientación, Prospección e Intermediación Laboral, posto en marcha pola concellería de Formación e Emprego que dirixe Ana Núñez, que xestiona esta bolsa de emprego, atendeu entre xaneiro e xuño a un centenar de persoas, das que 38 eran homes e 62 mulleres. Nestes primeiros 6 meses este servizo municipal contactou con 187 empresa e xestionou 193 ofertas de emprego.

Das 60 insercións laborais logradas neste primeiro semestre 20 corresponden a homes e 40 a mulleres. Deste total de incorporacións ao mercado laboral 8 corresponden ao mes de xuño.

A concelleira de Formación e Emprego, Ana Núñez, valora positivamente este datos indicando que o Servizo de Orientación “está a reportar moi bos resultados de insercións laborais dende o seu inicio en xaneiro do ano 2021”.

Por outra banda dende a concellería de Formación e Emprego valórase positivamente a nova baixada rexistrada no número de persoas inscritas nos Servizos Públicos de Emprego en xuño. En xuño o número de persoas desempregadas foi de 1065, é dicir 25 menos que no mes de maio. Así os datos do paro levan catro meses consecutivos en descenso.