Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

3ª Andaina Saudable Eurocidade – Trillo Alto da Capela Velha

10/04/2014

 

Xoves, 10 de abril. O próximo sábado 12 de abril realizarase o terceiro trilho do programa de Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença, nesta ocasión no municipio de Valença, “Trilho Alto da Capela Velha”.

Esta nova andaina terá unha distancia de 10 quilómetros, sendo a dificultade baixa, e con unha duración aproximada de catro horas.

O punto de saída será na igrexa de Gondomil, ás 10.00 horas españolas, tendo o punto de encontro alternativo, ás 09.40 horas españolas no aparcamento do Lidl de Valença.

En cada unha das andainas anteriores participaron máis de 170 persoas, polo que a Eurocidade Tui-Valença anima a tódolos cidadáns de Valença e Tui a participar neste novo percorrido.