Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

2ª Andaina Saudable da Eurocidade – “A Volta do Matute”

27/03/2014

A Eurocidade Tui-Valença reunirá máis de 1.000 deportistas entre a andaina e a III Eurocidade BTT

Xoves, 27 de marzo. O próximo domingo 30 de marzo, ás 10.00 horas, terá lugar a segunda andaina do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade, na que o punto de concentración será a Piscina Municipal de Valença, sendo o percorrido polas parroquias de Areas e Randufe.

A distancia será de 8 quilómetros, cunha duración aproximada de dúas horas e media, sendo a dificultade baixa.

Nesta andaina, que coincide coa celebración da III Eurocidade BTT, proba deportiva con máis de 850 inscritos, participarán os acompañantes dos ciclistas, polo que se espera ter máis de 150 camiñantes.

Informar que esta segunda andaina saudable ten un carácter solidario, polo que cada participante deberá levar un quilo de alimento non perecedoiro que irá destinado aos servizos sociais da Cámara de Valença.