Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

"18 Comidas" de Jorge Coira no Cineforum

15/03/2011

Mércores día 16 de marzo as 20.30 horas, terá lugar no Salón Teatro de Area Panorámica e simultaneamentes nas Aulas do Cra, a segunda sesión de CINEFORUM, na que poderemos ver a película “18 COMIDAS”, contaremos coa PRESENZA  do Director do Film Jorge Coira, e dous dos seus protagonistas Víctor Fábregas (mais coñecido por ser un dos tonechos) e Federico Pérez (Josito, en Padre Casares).

 

SINOPSE

18 comidas conta seis historias ao longo dun único día de ficción. Unha película de formato pouco convencional -con guión pero con diálogos abertos á improvisación- que viaxa a través de dezaoito comidas -almorzos, xantares e ceas- que nos fan partícipes dalgúns deses momentos que poden cambiar unha vida...