Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

10 Aniversario da Eurocidade Tui-Valença

9/02/2022

A Eurocidade Tui-Valença celebrará mañá xoves, 10 de febreiro, o décimo aniversario da súa constitución. Por este motivo está previsto un acto oficial conmemorativo que terá lugar ás 13.30 h hora española, na antiga Alfándega de Valença.

No acto participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o presidente da Cámara de Valença, José Manuel Carpinteira; o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda; o director da  AECT da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal, Nuno Almeida,  e o presidente da CCDR-Norte e presidente da Comunidade de Traballo Galicia -Norte de Portugal, António Cunha.

Posteriormente ás 16.30 h no auditorio da Escola Superior de Ciencias Empresariais de Valença, celebraranse unha serie de conferencias e mesas redondas co título “10 Anos da Eurocidade Tui-Valença: balance e novos desafíos”.

O programa conmemorativo continuará o venres con visitas guiadas ao patrimonio histórico de Tui e Valença.  Ás 15.30 hora española será polo centro histórico de Valença, e ás 17.30 hora española polo centro histórico de Tui. Para asistir é preciso reserva previa no 617 49 81 03 ou no correo biblioteca@tui.gal ou no 00 351 251 80 60 20 e en nmuseologico@cm-valenca.pt.

Por último o sábado ás 20 h no Teatro Municipal de Tui terá lugar un concerto, coma peche dos actos deste aniversario, a cargo das orquestras do Conservatorio e da Escola de Música de Tui e da orquestra da Academia de Música da Fortaleza de Valença. Para este evento musical débense reservar as entradas, de forma gratuíta, en www.tui.gal.