Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ás 00h do sábado 7 de agosto Tui entra en nivel alto de restricións

6/08/2021

Tui entra en nivel de restrición alta dende ás 00 h do sábado, 7 de agosto, de 2021, segundo o establecido polo comité clínico. 

ORDE do 5 de agosto de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia

ORDE do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan da autorización xudicial para a súa eficacia.

(*A información recollida a continuación procede da web https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Restriccions-concellos)
LIMITACIÓNS  DA PERMANENCIA DE  PERSOAS E GRUPOS EN ESPAZOS PÚBLICOS OU PRIVADOS

  • Limítase a permanencia en grupos  ata un máximo de seis persoas, en espazos pechados e dez persoas, en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes.ou agás que os encontros se produzan exclusivamente entre persoas de dúas unidades de convivencia diferentes.
  • Entre a 1.00 e as 6.00 horas, a permanencia de grupos de persoas  quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.

Excepcións

  • Os parques e xardins públicos e praias pecharán entre as 00:00 e as 6:00 horas .  ( Lei 8/2008, do 10 de xullo)


USO DA MÁSCARA

  • A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • Na vía pública e en  espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a  aglomeración de persoas  impidan  manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.
  • Nos medios de transporte públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehiculos de ata nove prazas .
  • Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos  interiores , comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.
  • Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas, cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.… así como nos vestiarios.

EXCEPCIÓNS:

  • Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

  • Nos vehículos de turismo, cando todas as persoas ocupantes convivan no mesmo domicilio.

  • No mar, praias e piscinas no momento do baño e mentres se permaneza nun espazo determinado, sempre que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal entre todas as persoas usuarias non conviventes.

  • Nos establecementos de hostalaría e restauración, exclusivamente nos momentos estritamente necesarios para comer ou beber.

  • No exercicio de deporte individual en espazos ao aire libre, exclusivamente durante a realización da práctica deportiva, sempre que, tendo en conta a posible concorrencia de persoas e as dimensións do lugar, poida garantirse o mantemento, en todo momento, da distancia de 1,5 metros con outras persoas ou deportistas non conviventes. Non obstante, deberá usarse a máscara na práctica do deporte nas vías públicas, como rúas, avenidas, paseos, prazas e camiños de tránsito público, ou outros lugares que sexan lugar de circulación habitual de viandantes e polos que circulen de feito nese momento.

  • Na práctica do deporte no medio acuático, sexa este natural ou artificial.

VIDA SOCIAL E COMUNITARIA

  • Lugares de culto: 75% da súa capacidade máxima permitida.
  • Velorios: 10 persoas  por túmulo sexan ou non conviventes  e 25 espazos abertos.
  • Enterramento ou despedida para a cremación: 50 persoas sexan ou non convive ntes.
  • Actos e reunión laborais, institucionais, académicos ou profesionais, congresos y otros eventos : 75% da capacidade autorizada do local sempre que o público permaneza sentado e cun limite máximo  500 persoas en locais pechados e 1000 persoas  ao aire libre.
  • Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 75% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 10 persoas no interior e  grupos de ata 20 persoas  no exterior sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.
  • Competicións deportivas con público , cines, teatros, auditorios, : 75% da súa capacidade máxima permitida. Límite de 500 persoas en locais pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre. O público deberá permanecer sentado.
  • Deberá existir un rexistro de asistentes ao evento, que deberá ser custodiado durante o mes seguinte coa información de contacto

PRAIAS E PISCINAS

  • Superficie da praia para cada usuario: debe manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros
  • No caso das piscinas ao aire libre e cubertas:  50% da capacidade máxima
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos en todas as instalacións: 100 % naqueles que  dispoñen de  cabinas e 50 % se non despoñen delas.
  • Grupos: Máximo dez persoas non conviventes.
  • Persoas conviventes: Sen límite máximo
  • Uso obrigatorio da máscara: Accesos, desprazamentos e paseos, cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.​

DESPRAZAMENTOS EN VEHÍCULOS PARTICULARES

  • Respectaranse as limitacións para grupos de persoas no correspondente ámbito territorial.
  • Deberase usar sempre máscara dentro do vehículo cando se trate de persoas non conviventes.

ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN

  • Permitido consumo no interior con limitación 50% . A ocupación máxima será de 6 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
  • Non está permitido o consumo en barra
  • Nas terrazas ao aire libre: Limitación ao 50% das mesas permitidas. A ocupación máxima será de 10 persoas por mesa ou agrupación de mesas, no caso de persoas non conviventes.
  • Para o acceso requiriráselles ás persoas maiores de 12 anos a presentación dun certificado.
  • Os clientes poden quitar a máscara exclusivamente no momento do consumo.
  • Horario do peche ao público: as 23:00 horas coa opción de pechar as 1:00 horas sempre que cumpran os requisitos establecidos no marco do Plan de Hostalaría segura .Non se pode admitir novos clientes a partir das 00.00 horas.
  • Permítese a recollida no local para consumo no domicilio ata as 1.00 horas.
  • Permítese a entrega a domicilio ata as 1.00 horas.

ESTABLECEMENTOS DE LECER NOCTURNO

  • Unicamente servizo nas terrazas ao aire libre, para o consumo e o servizo sentado na mesa, co 50%  da capacidade máxima permitida. A ocupación máxima será de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas
  • Non estará permitida a instalación de barras para o consumo ou o servizo nelas a clientes da terraza.
  • O horario máximo de peche será á 1.00 horas.

HOTEIS, ALOXAMENTOS TURÍSTICOS E CAMPAMENTOS XUVENÍS

  • Zonas comúns dos hoteis, albergues e aloxamentos  turísticos: 50% da súa  capacidade.
  • Albergues turísticos: 30% da súa capacidade agás grupos ou unidade familiar.
  • Campamentos xuvenís: 70% da súa capacidade e en tendas de campaña 50% da súa capacidade.

ESTABLECEMENTOS E LOCAIS COMERCIAIS QUE NON FORMEN PARTE DE CENTROS OU PARQUES COMERCIAIS

  • Establecemento retallistas e de actividades de servizos profesionais:  Límite do 75% da súa capacidade total.
  • O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.

ESTABLECEMENTOS QUE TEÑAN A CONDICIÓN DE CENTROS E PARQUES COMERCIAIS, OU QUE FORMEN PARTES DELES E GRANDES SUPERFICIES

  • Establecemento retallista e de actividades de servizos profesionais:  Límite do 75% de capacidade total.
  • O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.
  • A capacidade das zonas comúns dos centros e parques comerciais queda limitada ao 75 %.
  • No caso de establecementos ou locais distribuídos en varios andares: Límite do  75% de capacidade total en cada un deles.
  • Non se permitirá a permanencia de clientes nas zonas comúns, excepto para o tránsito entre os establecementos.
  • Zonas infantís, ludotecas ou áreas de descanso deben permanecer pechadas.

MERCADOS AO AIRE LIBRE

  • Mercados con menos de 250 postos autorizados: 100% dos postos habituais ou autorizados.
  • Mercados entre 150-250 postos autorizados: 75% dos postos habituais ou autorizados.
  • Mercados con máis de 250 postos autorizados: 75% dos postos habituais ou autorizados.

CENTROS DE LECER INFANTIL

  • Non se poderá  desenvolver actividades no interior .
  • Terrazas ou xardín exterior  capacidade máxima 50% .
  • Grupos dun máximo de dez nenos / nenas .

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE PARA A POBOACIÓN INFANTIL E XUVENIL E ALBERGUES E CAMPAMENTOS XUVENÍS

  • Ao aire libre: 70 % da súa capacidade máxima cun máximo de 125 participantes excluído o persoal monitor.
  • Espazos pechados: 70 % da súa capacidade máxima cun máximo de 50 participantes excluído o persoal monitor.
  • Actividades en grupo: máximo 10 participantes , excluído o monitor.
  • Albergues e campamentos xuvenís:  70 % da súa capacidade máxima
  • Campamentos en tendas de campaña:  50 % da súa capacidade máxima

ACTIVIDADE DEPORTIVA
Non federada:

  • Ao aire libre  en grupos de ata dez persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía.
  • En instalacións deportivas cubertas: de forma individual ou en grupos de ata seis persoas, sexan ou non conviventes sen contar o monitor ou guía coa utilización de máscara,
  • Instalacións deportivas cubertas: límite 50% da capacidade máxima permitida.
  • Uso deportivo de piscinas ao aire libre ou cubertas: 50 %.
  • Duchas e lavapés ao aire libre: 1 persoa por dispositivo agás no caso de persoas que necesiten asistencia.
  • Duchas en instalación pechadas:: 50 % teñan ou non cabinas.
  • Vestiarios e aseos en todas las instalacións : 100 % cabinas e 50 % non cabinas.

Federada:

  • Axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados.

ACADEMIAS, AUTOESCOLAS E CENTROS PRIVADOS DE ENSINO NON REGRADO E CENTROS DE FORMACIÓN

  • A actividade que se realice nestes centros poderá impartirse dun modo presencial sempre que non se supere unha capacidade do 75% do máximo permitido.

ACUARIOS , ESTABLECEMENTOS  E ACTIVIDADES ZOOLÓXICAS ,BOTÁNICAS OU XEOLÓXICAS .

  • Soamente poderán realizar a súa actividade cun límite máximo do 50% de ocupación.

FESTAS, VERBENAS E OUTROS EVENTOS POPULARES

  • Peche das actividades.

ATRACCIÓN DE FEIRAS

  • Espazos comúns de tránsito: unha persoa cada tres metros cadrados.
  • Puntos diferenciados de entrada e saída.
  • Non se permiten as piscinas de bolas.
  • Os asistentes e o persoal das atraccións deberán portar máscara de maneira obrigatoria
  • Atraccións con asentos incorporados:  50% de asentos de cada fila agás no caso de persoas conviventes.(sempre que non se poida manter a distancia de seguridade)
  • Atraccións sen asentos incorporados:  30% da capacidade máxima da atracción.
  • Atraccións inchables: 50% da súa capacidade.

ESPECTÁCULOS MUSICAIS.

ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS

  • Límite máximo do 75% da súa capacidade maxima permitida,co publico sentado
  • Límite de 500 persoas en espazos  pechados e 1000 persoas en locais ao aire libre

CENTROS SOCIAIS, SOCIOCOMUNITARIOS, CLUBS DE XUBILADOS E CENTROS DE ANÁLOGA  NATUREZA

  • Peche das actividades.
  • Permanecerán abertos, en todo caso, os centros de día de maiores e persoas con discapacidade e os ocupacionais, así como as casas do maior.

ACTIVIDADES TURÍSTICAS, CENTROS DE INTERPRETACIÓN E VISITANTES, AULAS DA NATUREZA, CASETAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN

  • Actividades turísticas ao aire libre: grupo ata 20 persoas sexan ou non conviventes  mais o monitor.
  • No resto: 50% da súa capacidade e grupos de 10 persoas  no interior e 20 no exterior sexan ou non conviventes.

ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL  PERMITIDA

  • Escolas oficiais de idiomas.
  • Escolas de arte e superior de deseño.
  • Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais.
  • Escola Superior de Arte Dramática.
  • Conservatorios de música.
  • Conservatorios de danza.
  • Escolas de música.
  • Escolas de danza.
  • Centros autorizados de deportes, centros autorizados de fútbol; centros autorizados de fútbol sala.
  • Centros autorizados de artes plásticas e deseño.
  • Centros autorizados de música e centros autorizados de danza, salvo que estean integrados en centros docentes que permanezan abertos e que limiten a súa actividade ao alumnado dos ditos centros docentes.
  • Escolas de música privadas e escolas de danza privadas.

III. Establecementos abertos ao público:

    III.2. Establecementos de actividades recreativas:

      III.2.1. Establecementos de xogo.

      III.2.1.1. Casinos.

      III.2.1.2. Salas de bingo.

      III.2.1.3. Salóns de xogo.

III.2.1.4. Tendas de apostas.
*Sempre que  non se supere o 30% da súa capacidade permitida. Para o acceso ao interior do
       local requerirase a presentación dun certificado

ACTIVIDADES  NON ESENCIAIS QUE PECHAN TEMPORALMENTE

      III.2.3. Establecementos para atraccións e xogos recreativos:

      III.2.3.1. Parques de atraccións e temáticos.

      III.2.3.2. Parques acuáticos.

      III.2.3.3. Salóns recreativos.

      III.2.3.4. Parques multiocio.

III.2.7.5. Furanchos.
Serán de aplicación as medidas establecidas para Hostelería e Restauración.