Obradoiros Cultiva a Mente

Data:
1/10/2019
Lugar:
Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro.
De outubro a xuño celebranse nos centros culturais de Areas, Caldelas, Guillarei, Pazos de Reis, Rebordáns e Ribadelouro os obradoiros "Cultiva a mente". Están promovidos polo Concello de Tui e AFAGA, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia.
As persoas participantes, preferentemente maiores de 55 anos, aprenderán técnicas de memoria, recibirán consellos saudables para o cerebro, e ao tempo fomentarase a socialización e emoción positivas.
Horario:
- Martes: de 10 a 11.30 h en Caldelas e de 12 a 13.30 h en Guillarei
- Mércores: terán lugar de 10 a 11.30 h en Pazos de Reis e de 12 a 13.30 h en Areas
- Xoves: de 10 a 11.30 h en Rebordáns e de 12 a 13.30 h en Ribadelouro.
Inscrición:
- Nos Servizos Sociais Comunitarios na casa do concello de Tui
- No correo electrónico aux.ssociais@tui.gal
- No teléfono 986 60 36 25 ext. 54.
* As persoas interesadas poden elixir o horario que mellor se axuste as súas preferencias independentemente do seu lugar de residencia.