XXIII Feira de Artesanía de Tui

Data:
4/05/2019
Lugar:
Rúa Ordóñez e Praza de San Fernando
A XXIII Feira de Artesanía de Tui celebrarase o sábado 4 e o domingo 5 de maio, de 12 a 22 h na rúa Ordóñez e na Praza de San Fernando, co obxectivo de apoiar a promoción, difusión e comercialización do produto artesán, así coma a dinamización do conxunto histórico, do Centro Comercial Aberto e da cidade de Tui no eido comercial, social e cultural. Participarán unha véntena de artesáns galegos e a Asociación de Palilleiras do Baixo Miño.
Tui – Feira de artesanía
- Sábado e domingo
- Na rúa Ordóñez e praza de San Fernando. 20 postos de exposición e venda de artesanía
- Sábado
- Ás 12h grupo de baile O Mosteiro e grupo de pandereteiras Crus do Malleiro de Pexegueiro
- Ás 13 h grupo folclórico Xuntanza de Randufe
- Ás 18 h grupo folclórico San Fins de Rebordáns
- Ás 20h grupo folclórico Santa Columba de Ribadelouro
- Domingo
- Ás 12 h banda de gaitas Arume de Malvas
- Ás 13 h Refaixos e polainas de Baldráns
- Ás 18 h Grupo de pandereteiras As D’Abadía de Caldelas
- Ás 20 h Banda de Gaitas San Xoán de Paramos