Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui súmase un ano máis á Hora do Planeta

28/03/2019

De 20.30 h a 21.30 h apagarase a iluminación da S.I. Catedral

O Concello de Tui súmase un ano máis á celebración da Hora do Planeta promovida por WWF. Trátase dunha iniciativa posta en marcha en desenvolve esta ONG co obxectivo de loitar contra o cambio climático e perda da natureza.    Así coa Hora do Planeta WWF pretende volver mobilizar neste 2019 a máis de 7 mil cidades do mundo para demostrar o seu apoio global á acción contra o cambio climático e en favor da natureza apagando as luces dos seus principais edificios e monumentos.

No caso de Tui este sábado, 30 de marzo, de 20.30 h a 21.30 h apagarase a iluminación da Catedral de Tui.