Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá irá a Comisión Informativa un expediente de créditos por importe de 1,3 millóns de euros

21/03/2019

Trátase de habilitar crédito para as expropiacións da apertura Norte da rúa Ourense e para a senda Tui-Caldelas

Mañá venres, 22 de marzo, irá a comisión informativa de Facenda habilitar o crédito por importe de 1.350.816,54€  para as expropiacións para a apertura da rúa Ourense en sentido Norte, e para as expropiacións e obras da Senda do Río Miño de Tui a Caldelas.  Este importe será con cargo ao remanente de tesourería.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explica que neste expediente irá o importe preciso para comezar a tramitar as expropiacións precisas para a apertura Norte da rúa Ourense cara a Avenida da Concordia por importe de 410.188,53 €, de tal xeito que a próxima corporación poida iniciar as expropiacións. Tamén se leva habilitar 201.059,28 € para as expropiacións necesarias para executar a senda do río Miño dende Tui ata Caldelas. Un proxecto cuxo proxecto ten xa o concello redactado e que suporá o investimento de 739.568,73€ para os que se habilita tamén o crédito preciso.