39 Regata Miño Internacional. Copa Presidenta da Deputación

Data:
26/01/2019
Lugar:
Río Miño
A 39 Regata Miño Internacional Copa presidenta da Deputación celebrarase o sábado, 26 de xaneiro de 2019. A saída será ás 11.50h dende Currás, Tomiño, e a liña de meta estará situada fronte ás instalacións do Club Remo do Miño en Tui. Organiza: Club Remo do Miño coa colaboración do Concello de Tui, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra e varias casas comerciais.