A información catastral na casa do concello facilitarase os luns e xoves
23/10/2018
A información catastral de bens, tanto de natureza rústica como urbana, localizados no termo municipal de Tui será facilitada nas oficinas do Concello de Tui aos titulares dos mesmos os luns e xoves de 10 a 13h.
Dende o Concello informase que existen diferentes Puntos de Información Catastral (PIC), que son oficinas autorizadas pola Dirección Xeral do Catastro en diferentes organización públicas e institucións, fundamentalmente en Concellos, onde os cidadáns poden acceder á información catastral.
Os Puntos de Información Catastral prestan os seguintes servizos:
A calquera cidadán:
- Consulta e certificación de datos catastrais non protexidos
Aos titulares catastrais ou ós seus representantes debidamente autorizados:
- Certificación da circunstancia de non figurar como titular catastral.
- Consulta e certificación de datos catastrais protexidos (nome, apelidos, razón social, NIF, enderezo e valor catastral) e non protexidos relativos ós inmobles da súa titularidade.
Os Puntos de Información Catastral máis cercanos son, entre outros,:
- ORAL de Tui
- Concello de Tomiño
- Concello de Salceda de Caselas
- Concello de Salvaterra
- Concello de Mos
- Concello do Rosal
- Concello de Gondomar.
- Concello de Baiona
- Concello da Guarda