“Gaia” Entremáns Cia da Coruña

O venres, 16 de novembro, ás 20h, o Teatro Municipal de Tui acolle o espectáculo “Gaia” de Entremáns Cia da Coruña. Voz e danza para descubrir o poder da Terra e os seus tesouros naturais dende unha óptica visual e imaxinativa. Un espectáculo que a través da pintura, a música e o audiovisual nos transmite a beleza e a intensidade do noso planeta.
Autoras, directoras i elenco: Kirenia Celia Martínez Acosta e Estefanía Gómez Cascudo. Voz en off: Ramiro Neira e Estefanía Gómez. Espazo sonoro e música: Carla López e Iago Mouriño. Son e iluminación: RTA. Escenografía: Equipo creativo RTA e Cía Entremans. Animación-video: Ziwa. Arte Imaxe: Gosia Trebacz.
- Prezos 4 € - 3 €
- Xénero: Danza Contemporánea
- Clasificada:+ 3 anos
- Recomendada: Público familiar
- Idioma: Galego
- Duración: 50 min
Entradas á venda en www.culturatui.info ata o venres 16 ás 12h ou o mesmo venres dende ás 18.30h no despacho de billetes.