Trilho da Fortaleza

Data:
6/05/2018
Lugar:
Saída da Porta do Sol na Fortaleza de Valença
O domingo 6 de maio celebrarase o Trilho da Fortaleza dentro das Andainas Saudables da Eurocidade Tui-Valença.
A saída será ás 10h (hora española) dende a Porta do Sol na Fortaleza de Valença. A distancia percorrer será de 6 quilómetros de dificultade doada nun tempo estimado de hora e media.
A inscrición, cun prezo de 5€, está aberta no 00 351 934 44 07 70 ou nos correos caminhasandainas@gmail.com, celtasdomino@gmail.com ou clubandatui@gmail.com.