Charla-concerto sobre preludios de Scriabin por Daniel Pereira

Data:
26/01/2018
Lugar:
Sala de audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui
A Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música Tui acollerá o venres, 26 de xaneiro, ás 20.30h unha charla-concerto sobre preludios de Alexander Scriabin a cargo de Daniel Pereira. Os asistentes poderán escoitar unha selección de preludios do compositor ruso, algúns deles comentados dende o punto de vista pedagógico
A entrada será de balde ata completar as localidades dispoñibles.