Servizos Sociais Comunitarios

Instalacións: planta baixa da casa do Concello
Teléfono: 986 60 36 25 ext 54
Horario de atención ao público: luns, martes, xoves e venres de 9 a 14h previa cita
Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui teñen as súas dependencias na planta baixa da casa do concello na zona que antigamente ocupaba o Servizo de Extensión Agraria. Constan dunha sala de espera con espazo para 8 persoas e unha oficina de atención personalizada.
Na actualidade os Servizos Sociais Comunitarios contan cunha traballadora social, unha técnica de prevención das drogodependencias e conductas aditivas e unha educadora familiar.
Pódese solicitar cita previa no 986 60 36 25 ext 54.
Lembramos amais que os martes de 16 a 20h atende o Servizo de Apoio Municipal a Menores e Mulleres, S.A. M.M.M que da resposta as necesidades das mulleres e dos menores residentes en Tui. É preciso solicitar cita previa.