Presentación do goberno municipal en Guillarei

Data:
20/01/2018
Lugar:
Casa Cultural de Guillarei
A Casa Cultural de Guillarei acollerá este sábado, 20 de xaneiro, ás 21h a presentación do goberno municipal e do representante do mesmo nesta parroquia. Esta é a segunda asemblea, tras a celebrada o pasado sábado en Randufe, realizada polo goberno tudense, presidido por Carlos Vázquez Padín, para dar a coñecer a todos os seus membros, así como informar dos puntos de vista do novo goberno a respecto do traballo no rural e presentar ao enlace do goberno coa parroquia, que servirá para canalizar as peticións que os cidadáns queiran facer ao concello.