Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Teatro Municipal

Edificio Francisco Sánchez.(antiga Área Panorámica) Colón 2. 36.700 Tui |Pontevedra

Teléfono 986 60 36 25

Teléfono 607 850 156

Correo: cultura@tui.gal

www.culturatui.info

O Teatro Municipal de Tui está situado no edifico Francisco Sánchez (antiga Área Panorámica). Dende o ano 2003 converteuse no centro da actividade cultural en Tui cunha programación estable e de calidade que lle ten valido ocupar os primeiros postos en canto á media de espectadores dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Conta cun aforamento de 554 butacas

Historia

O actual edificio Francisco Sánchez de estilo neogótico, onde se atopa o Teatro Municipal xurdiu coma un hospicio tras a fusión de dúas antigas institución da cidade: o hospital e a inclusa que acollía aos nenos desamparados. A primeira pedra foi colocada en xuño de 1902 e a construción foi rematada en 1923, tras diversas vicisitudes. Cómpre mencionar as doazóns realizadas por D. Félix Rodríguez González, posteriormente soterrado na capela do edificio, e actualmente na Sala que leva o seu nome.

O hospital foi de dominio militar durante a Guerra Civil cesando a súa actividade tras ser vendido polo bispo frade D. José López Ortiz. En 1950 o inmoble foi destinado a instituto e dende 1958 dedicouse completamente á ensinanza pasando polas súas aulas varias xeracións de tudenses ata 1991.

Tras a súa adquisición por parte da Xunta de Galicia e obras integrais de rehabilitación o edificio converteuse no eixo da actividade cultural en Tui acollendo amais do Teatro Municipal, a Biblioteca Municipal, a Sala de Exposicións, a Radio Municipal, a aula CeMIT, e sendo amais sede doutros colectivos.

 

Áreas: 
Cultura