Parque Empresarial Areas
Situado na parroquia de Areas comenzou a súa actividade no ano 2002 sendo promovido por Xestur Pontevedra. A primeira fase contou cunha superficie de 154.589 metros cadrados, dos que 93.440 corresponderon á superficie industrial distribuída en 52 parcelas. Nunha segunda fase executáronse 61.946 metros novos dos que 33.000 son de solo industrial repartido en 20 parcelas.
+ info Asociación Empresarial de Areas