Recepción ao nenos saharauís que pasan o verán en Tui dentro do programa Vacacións en Paz
9/08/2017
Mañá xoves, 10 de agosto, ás 12h terá lugar no salón de sesións da casa do concello de Tui a recepción aos nenos saharauís que pasan o verán en Tui e na contorna dentro do programa Vacacións en Paz.
Os nenos e as súas familias de acollida serán recibidos polo alcalde, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Servizos Sociais, Laureano Alonso, xunto a outros membros do equipo de goberno e o delegado da Asociación de Solidariedade co Pobo Saharauí no Baixo Miño, Enrique Porto.