Presentación das XV Xornadas Europeas da Cultura Xudía
3/08/2017
Mañá ás 11h, na sala de reunións do Concello de Tui serán presentas as actividades que se van celebrar en Tui no mes de setembro co gallo das XV Xornadas Europeas da Cultura Xudía.
A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, do concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, e do historiador tudense, Suso Vila.