Este venres chega a segunda entrega do cinema na rúa á praza de San Fernando
Ás 22.15 h dará comezo a proxección do filme de animación “Los Pitufos. La aldea escondida”
Este venres o cinema na rúa incluído na programación da Axenda Corredoira Cultural terá a súa segunda entrega. Será ás 22.15h na praza de San Fernando coa proxección da película “Los Pitufos. La aldea escondida”.
Nesta ocasión Pitufina e os seus irmáns están facendo sendeirismo no descoñecido Bosque Encantado, na procura dun lendario pobo. Os Pitufos teñen que conseguir ser máis rápidos que o malvado Gargamel mentres intentan manter a salvo os seus propios misterios.
O cine na rúa continuará durante este mes con “Mascotas”, o venres 11, e “ Trolls”, o venres 25. En caso de choiva todas as proxeccións serán no Teatro Municipal. O aforamento é limitado e cada persoa poderá retirar dúas entradas de balde media hora antes do inicio da proxección.
Cinema de Verán – Proxección de “Los Pitufos. La aldea escondida”
Lugar: Praza de San Fernando
Data: Venres, 4 de agosto, ás 22.15h
Entrada de balde
* En caso de choiva a proxección será no Teatro Municipal. Nese caso o aforamento será limitado, debendo retirarse dende ás 21.45h un máximo de 2 entradas por persoa.