Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Condicións Xerais e solicitude Campamento Urbano Verán 2017

31/05/2017
Áreas: 
Deportes

A Concellería de Deportes do Concello de Tui realizará durante o mes de xullo e o mes de agosto os Campamentos de Verán Tui 2017. Estes campamentos van destinados aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas antes do inicio do campamento). O desenrolo dos Campamentos de Verán levaranse a cabo co fin de ofrecer unha alternativa lúdica – deportiva - educativa aos nenos/as do concello. Amais, co desenrolo destes campamentos, preténdese ofrecer unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que poidan conciliar deste xeito a vida familiar e laboral.

A primeira quenda desenrolarase dende o día 10 ata o 24 de xullo. A segunda quenda desenrolarase dende o día 26 de xullo ata o 9 de agosto.