Este sábado 15 de xullo pasará por Tui o X Rally das Donas de Vehículos Clásicos
Está organizado pola Escudería Vigo Clásicos para equipos femininos
Este sábado 15 de xullo, a partir das 18.00 horas, o Paseo da Corredoira de Tui acollerá o paso do X Rally das Donas de Vehículos Clásicos, evento de regularidade histórica no que so poden participar equipos femininos. Está organizado pola Escudería Vigo Clásicos.
A saída realizarase dende o Centro Comercial Gran Vía de Vigo, ás 17.00 horas, e todas as participantes realizarán unha parada no Paseo da Corredoira de Tui, para continuar logo ata o Club de Campo de Vigo, onde rematará o evento.
Este evento terá un carácter solidario, de maneira que 5€ do prezo de inscrición será doado á Asociación Española contra o Cancro de Vigo.
Toda a información pode atoparse na web www.escuderiavigo.org