A actual parella Nº3 do Ranking Mundial de Padel xogará un partido de exhibición en Tui
Terá lugar este sábado 29 de abril, como remate ao Torneo Eurocidade San Telmo de Padel
Patty Llaguno e Eli Amatriain actuais nº3 do Word Padel Tour, disputarán un partido de exhibición o próximo sábado 29 de abril, ás 16:30 horas, no Club Padel 8 de Guillarei, coincidindo coa final do Torneo Eurocidade San Telmo de Padel que reuniu a máis de 100 xogadores.
O tradicional torneo que se celebrou este ano por primeira vez nas instalacións de Padel 8 e na pista da Piscina Municipal de Valença, reuniu a xogadores portugueses e españoles, tanto na categoría Masculina/Feminina e Mixta.
Debido ao cada vez maior número de practicantes desta modalidade deportiva na nosa comarca, este torneo atrae cada ano a máis participantes, por isto, e como broche de ouro do evento, disputarase un partido de exhibición entre Patty Llaguno e Eli Amatrian vs Carla Barciela e Sabela Barciela (Campioas galegas) e Profesora no Club Padel 8. A entrada será de balde ata completar aforamento.