Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

CONTRATO DE EXPLOTACION QUIOSCO PISCINAS MUNICIPAIS

04/07/2016

Detalle licitación

EXPEDIENTE CONTRATACIÓN "EXPLOTACIÓN DE QUIOSCO NAS PISCINAS MUNICIPAIS" .- 
Por acodo de Xunta de Goberno Local de 19/05/2016 apróbase a contratación mediante contrato administrativo especial para explotación de quiosco en local sito nas instalacións das piscinas municipais, de conformidade cos informes técnicos emitidos e prego de cláusulas redactado ao efecto, que tamén se aproba, establecéndose un canon mínimo de 412,04€ IVE e impostos incluídos, publicándose no Pefil do Contratante e taboleiro de edictos a efectos de presentación de propostas polo prazo de quince días naturais.

Publicado edicto de convocatoria no Taboleiro de Edictos do Concello e Perfil do Contratante, se presenta unha única proposta de Santiago Alvarez Amoedo, con enderezo na rúa Oia, nº 8, baixo, 36700 Tui. 

Procedida á apertura polo órgano de contratación de documentación administrativa e proposta económica presentada, o licitador Santiago Alvarez Amoedo ofrece un canon de 500,00 €, impostos incluídos. 

Con data 16/06/2016 a Xunta de Goberno Local emite requirimento a Santiago Alvarez Amoedo aos efectos de presentación de garantía definitiva e documentación xustificativa relativa ao artigo 151 do TRLCSP.

Con data 22/06/2016 D. Santiago Alvarez Amoedo presenta garantía definitiva aos efectos de adxudicación do contrato así como documentación xustificativa requirida.

En base ao anterior e de conformidade co establecido no prego administrativo aprobado, a xunta de goberno local, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo:

1º.- Adxudicar a D. Santiago Alvarez Amoedo, DNI 35569846R, con enderezo en rúa Oia, nº 8-baixo, 36700 Tui, a concesión para explotación de quiosco nas piscinas municipais por un cánon de concesión correspondente á tempada de verán por importe de 500,00€, impostos incluídos, de conformidade coa proposta económica presentada. 

2º.- A formalización do contrato, de conformidade co art. 156 do TRLCSP, realizarase no prazo máximo de quince días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo.

3º.- Dar conta da presente resolución ós departamentos de Secretaría, Intervención, Xunta de Goberno Local e Pleno da Corporación na vindeira sesión que éstes celebren.

Tui, 30/07/2016.