Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 200 alumnos asisten mañá no Teatro Municipal á derradeira proxección do programa “O cine nas Aulas”

13/02/2017

Mañá, 14 de febreiro, terá lugar a derradeira proxección deste curso do programa “O cine nas Aulas” promovido dende o departamento de Servizos Sociais coa colaboración dos centros educativos tudenses.

Mañá asistirán ao Teatro Municipal 222 alumnos/as e 10 profesores/as de 2º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón, San Paio, Seminario Menor San Paio e Colexio Marista Sta María.  Coa película prevista incidirase sobre o  respecto aos demais, a tolerancia, e saber aceptar ás persoas tal e como son. Tras a proxección continuarase co traballo nas aulas a través das  unidades didácticas elaboradas pola técnica de Prevención do Concello.

Co programa “O Cine nas Aulas” aproveitase o atractivo que o cinema ten para a mocidade para captar a atención dos máis novos, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta.    A metodoloxía do programa permite que  o profesor traballe o tema da prevención a partir das películas. Todo o material complementario que se lle facilita serve como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía.