Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O persoal de obras asistiu a unha xornada no uso de formación en plataformas elevadoras

1/02/2017

O persoal do departamento de Obras do Concello de Tui asistiu no día de onte a unha xornada de formación no uso de plataformas elevadoras organizada pola concellería de Persoal en colaboración coa Autoescuela San Telmo.

Grazas a esta actividade formativa os empregados municipais puideron mellorar o actualizar os seus coñecementos no uso deste tipo de plataformas así coma nas medidas de seguridade que teñen que adoptar cando as empregan.

Dende a concellería de Persoal considerase necesario este investimento en formación en materia prevención de riscos  dos traballadores municipais, xa que este é en definitiva un investimento en seguridade