Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O quinto Faladoiro de Educación abordará o tema “Educando en positivo”

1/02/2017

“Educando en positivo”  é o título do Faladoiro en Educación a celebrar mañá xoves, 2 febreiro, ás 18h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica. Este é a quinto dos seis  actividades previstas este curso nun programa organizado polo Concello de Tui e o Colexio Rural Agrupado Mestra Clara Torres que comezou o 3 de novembro.  O derradeiro faladoiro terá lugar o 2 de marzo co tema “Na procura dunha proposta creativa de deberes”.

Este xoves a charla correrá a cargo de Maxi Rodríguez Hernández, psicóloga, DEA en psicoloxía evolutiva, procesos cognitivos e dificultades de aprendizaxe e especialista en neuropsicoloxía do Centro de Estimulación e Aprendizaxe Arrolán. No mesmo abordarase a importancia de educar establecendo normas e hábitos pero tamén educando as emocións que nos leven a promover un pensamento positivo. Búscase fomentar a empatía, a autoestima, a creatividade, a autocrítica, o control emocional, a capacidade de elixir, de aprender dos erros e de asumir riscos, entre outras cuestións.