Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Pérez& Fernández presentan este venres ás 20h no Teatro Municipal “O poder de Amabel” no Teatro Municipal

16/11/2016


Pérez&Fernández presentan este venres, 18 de novembro, ás 20h no Teatro Municipal a obra de teatro infantil de monicreques "O poder de Amabel". Dirixida a público familiar está recomendada a partir dos 5 anos.


A compañía Pérez&Fernández foi creada este mesmo ano por Victoria Pérez e Manu Fernández, dous actores cunha ampla experiencia que apostaron por este novo proxecto xurdido da necesidade de crear.


Esta peza de teatro está inspirada na novela infantil de Érica Esmorís na que todos os membros da familia de Amabel teñen súper poderes: unha intelixencia fascinante, unha forza descomunal, a velocidade do raio, a capacidade de ser invisible...  Nesta adaptación Amabel e Braulio reencóntranse en Tokio despois de 30 anos e lembran as peculiares aventuras que viviron para coñecer cal era o superpoder que ela tiña. A obra está interpretada por Victoria Pérez e Manu Fernández e dirixida por Xosé Leis.


As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.


Pérez & Fernández con “O poder de Amabel”


Data: Venres, 18 de novembro, ás 20h


Lugar: No Teatro Municipal


Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 12h, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes


Prezos: 3,5€ e 2,5€