Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Recepción aos participantes no 86º Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de Juventudes Musicales de España

16/11/2016

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, recibirán mañá ás 13h no salón de sesión da Casa do Concello de Tui aos participantes no 86º Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de Juventudes Musicales de España que dende mañá e ata o domingo se vai celebrar en Tui.

Á recepción, que será aproveitada tamén para a presentación do evento, asistirán o pPresidente de Juventudes Musicales de España, Jordi Roch, a presidenta de Xuventudes Musicais de Tui, Andrea González, xunto ao presidente e membros do xurado, Carlos Cruz de Catsro, José Adolfo Vayá, Ignacio Prego, Katia Michel, Nekene Iturrioz, Miquel Cuenca e Daniel Pereira.


Unha trintena de alumnos participarán neste concurso en Tui nas especialidades de piano, clave e organo. As eliminatorias e as finais celebraranse no Teatro Municipal, na Catedral de Tui, e na igrexa de San Telmo, sendo abertas ao público.  Amais mañá xoves, ás 20h na Catedral terá lugar o concerto inaugural a cargo de Aaron Ribas, gañador do concurso na especialidade de órgano na edición de 2015.