Máis de 200 alumnos de Secundaria asisten hoxe á primeira proxección de “O Cine nas Aulas”
Un total de 222 alumnos e 10 profesores de 2º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón, San Paio, Seminario Menor San Paio e Colexio Marista Santa María, asisten hoxe martes, 26 de outubro, a proxección da primeira película do programa “O Cine nas Aulas“, no Teatro Municipal na Area Panorámica.
O alumnado recollerá unidades didácticas elaboradas pola Técnica de Prevención do Concello de Tui para traballar posteriormente nas aulas.
Ao través do programa “O Cine nas Aulas” aproveitase o atractivo que o cinema ten para os mozos para captar a súa atención, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta. Deste xeito o cine pode converterse nunha eficaz ferramenta de traballo. Deste xeito o profesor pode traballar o tema da previsión a través das películas que se proxectan empregando o material complementario que se lles facilita, servindo como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía.
A próxima proxección dentro deste programa será o 16 de novembro para alumnos de 5º e 6º de Primaria.