Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Odaiko presenta mañá no Teatro Municipal “Invención”

13/10/2016

Odaiko presenta mañá no Teatro Municipal “Invención” É un espectáculo musical e didáctico para público familiar dende os 3 anos

Xoves, 13 de outubro de 2016. O Teatro Municipal de Tui acolle mañá ás 20h o espectáculo musical “Invención” da man do grupo Odaiko. No mesmo Juan Collazo, Antonio Ocampo, Félix Rodríguez e Francisco Troncoso fan un repaso das grandes invencións do ser humano ao longo da historia nas que a imaxinación e a creatividade foron pezas fundamentais. Odaiko, coma en todos os seus espectáculos, emprega o enxeño e a conexión co público na que promete ser unha divertida sesión.

Odaiko Percussion Group (OPG) toma o seu nome dun tambor tradicional xaponés que polas súas dimensións, 1,2 metros de diámetro e 1,5 de profundidade, precisa de tres persoas para poder ser tocado. O grupo formouse en Holanda en 2003 por licenciados en percusión clásica, contemporánea e jazz logo das numerosas colaboracións dos seus compoñentes en festivais mundiais.

As entradas están á venda na web www.culturatui.info ata mañá venres ás 12h ou mañá venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.

Dentro da programación de outono están previstos catro espectáculos máis para público familiar: o 22 de outubro Galitoon con “Güela-Güela”, o 4 de novembro Elefante Elegante con “Danza da Choiva”, o 18 de novembro Pérez&Fernández con “O poder de Amabel” e por último o 22 de decembro a proxección de “Holy Night! Noite de Paz?”.

Odaiko presenta “Invención”
No Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 14 de outubro, ás 20h
Entradas: á venda na web www.culturatui.info ata mañá venres ás 12h ou mañá venres dende ás 18.30h no despacho de billetes Prezo: 3,5€ e 2,5€.