Alfonso Santos e Raquel Arreola gañadores absolutos do III Torneo Eurocidade de Tenis
O III Torneo de Tenis Eurocidade, organizado polo Club Tenis Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que se desenvolveu nas pistas de tenis de Areas e da piscina municipal de Valença, contou con máis de 190 participantes, nas doce categorías conformadas este ano, sendo todo un éxito de participación e de organización por parte do club tudense.
Tras as fases previas, os partidos finais encumbraron aos campións nas distintas categorías, sendo os últimos partidos disputados os das categorías sénior absoluto masculino e feminina, nos que Alfonso Santos e Raquel Arreola se proclamaron campións deste terceiro torneo.
O cadro final de campións e subcampións nas distintas categorías foi:
1.
Alevín – Campión Héctor Rodríguez / Subcampión David Noe
2.
Cadete – Campión David Dieguez / Subcampión Noel Arias
3.
Junior – Campión Brais González / Subcampión Óscar Domínguez
4.
Sénior Masculina – Campión Alfonso Santos / Subcampión David Vidal
5.
Sénior Masculina B – Campión Rogelio Domingos / Subcampión Alejandro Martínez
6.
Sénior Consolación Masculina – Campión Jesús Costas / Subcampión Germán González
7.
Sénior Femenina – Campioa Raquel Arreola / Subcampioa Alejandra De Saracho
8.
Sénior Consolación Femenina – Campioa Patricia Rodríguez / Subcampioa María Crespo
9.
Veteráns +45 – Campión Alberto Rodríguez / Subcampión Manuel Vázquez
10.
Veteráns +45 Consolación – Campión Joaquín Charroni / Subcampión Víctor Palmares
11.
Dobres Masculino – Campions Manuel Vázquez E Óscar Fernández / Subcampións Nicolás Durán E Miguel A. Pérez
12.
Dobres Mixto – Campións Nicolás Durán E Patricia Rodríguez / Subcampións Luis De Saracho E Alejandra De Saracho