Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O CEIP nº1 organiza un flashmob solidario baixo o lema “A toda leite!” este venres ás 11hn na Corredoira

5/10/2016


O Paseo da Corredoira acollerá este venres, 11 de outubro, ás 11h un flashmob solidario organizado polo CEIP nº1 de Tui coa colaboración do Concello de Tui e da Radio Municipal de Tui baixo o lema "A toda leite!".

O obxectivo desta iniciativa é recadar litros de leite en beneficio da Asociación SOS Tomiño- Baixo Miño. Coa mesma o centro pretende unir o éxito educativo e o compromiso social: aprender a ser competentes sendo útiles aos demais, aprender facendo un servizo á comunidade co que os alumnos/as melloran os seus resultados de aprendizaxe á vez que actúan como cidadáns comprometidos e solidarios coa contorna.


Dende o CEIP nº 1 convidan á cidadanía a participar neste flashmob solidario este venres 7 de outubro ás 11h no Paseo da Corredoira levando 1 litro de leite. Hai un titorial do baile a realizar no youtube do centro


Nun intento de amosar a súa iniciativa, traballo en equipo, solidariedade e creatividade o CEIP nº1 editará un vídeo co que participará no concurso "REPSOL BUSCA UN COLE".