Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a programación cultural de Outono

3/10/2016

Mañá martes, 4 de outubro, ás 10.45h no ambigú do Teatro Municipal no edificio da Área Panorámica de Tui será presentada a programación cultural a desenvolver neste espazo escénico até finais de ano.

A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cutlura, María José González, do director da AGADIC, Jacobo Sutil, da directora do CDG, Fefa Noia, e do director de Ibuprofeno Teatro, Santiago Cortegoso.